...mmmm...

02 novembro 2005

Cosmetics


O cosmos orixina a cosmética. Ambas teñen que ver coa orde e a beleza do mundo.
Non sei se somos máis fillos do cosmos ou máis bastardos da cosmética...
Tamén narciso e narcótico están emparentados dalgún modo. Que nos queren dicir as palabras? Herdámolas. Rara vez inventamos nós algunha. Algunha que teña algún tipo de resoancia, claro. Podo crear (plin, icona de variña máxica) agora o fermoso vocablo...mmm...OPIA, e explicar que se trata dunha muller mecánica, copia de ti mesmamente, narcisa e narcotizada, cósmica e cosmética, que se cre dona unha identidade orixinal só porque ten lembranzas e a sensación de ter vivido...

Pero esa palabra non existe e a muller tampouco.

En calquera caso, non se me ocorre nada máis interesante que dicir hoxe.

Pensen sobre iso, fagan o favor...



© Foto de Pequeña Esquimal
posté par estibaliz... 11:00 AM

8 Comments:

alegría atoparche no mundoblo! soñei que me chamabas por teléfono esta finde e que eu estaba sen batería porque perdera o cargador...que quererá dicir, doutora?
Ai, maría de mallou, maría de mallou. Vouche contare, pero non a través do bloj, senón que che farei un privado. Nena
ai, que curiosidade...!
tes razon haberia que inventar mais palabros e deixar de copiar as dos anglosaxons.

Saude
Ensoño e insomnio.
Xacto e xeito.
Pan e van.
Verso e berzo.

Benvida aos blos.
Gústame a palabra neve, moi bonita salvo nunha excepción: cando as nieves van acompañadas da palabra "herrero".
guapa...para cando máis?
Btw....did you create the grahics here or were they included?

Just wondering :)

Pam
kiss my face lotion discount

Add a comment