...mmmm...

07 dezembro 2005

Oh, what a funny day


Un día interesante este, o de precisamente hoxe.

Do que aínda podo dicir hoxe sen asomo de morriña.

Chega case á súa fin e non pasou nada. Aquí vivín: muller, B+, soños en cor pola noite, roupa interior, chaqueta malva, pantalóns elásticos e ganchiños no pelo. Nada.

En que se pensou hoxe? Matinei un intre en Sedna, aquel pseudodécimo planeta do sistema solar, pero só un momentiño. Existirá? Seguirá sendo terra? Fume? Pó? Sombra?Nada? Despois xa fun cautivada por atencións máis neolíticas como lavadora, ovos cocidos, entregar memoria de obradoiro, novo móbil nokia... Algunha vez apedréanme pensamentos paleolíticos, tipo nebulosas estelares, autómatas, animismo (por exemplo, o cepillo é un ser malévolo),
azar de pensar en alguén que talvez me vai chamar en breve, o misticismo xeométrico das teas de araña...

A mediodía, non sei por que, falei de
xirafas co ser que amo.

E logo a hipnose do ordenador. Síntome unha criatura hipnotizada. Canto hai de min nisto que digo?

Ela cre dicir estas palabras. Shhhh. Non a despertedes, bárbaros

***************

BS non O: My Beautiful Leah, PJ Harvey. Todas esas mulleres de Polly Jean son hipnotizadas, hipnóticas, Catherine, Dawn, Me-Jane, Dalilah, Leah...

Ilustración: The marvellous Talking-machine, artiluxio de Faber presentado no século XIX, nalgún daqueles salóns de monstros, enxeños mecánicos ou experimentos animais de ética,mmm, dispersa. Que pensará a cabeza? Como verá a ese home que a manexa? (noten: a cabeza é feminina) Será feliz? Terá soños en cor? Chamará Sedna?

posté par estibaliz... 8:25 PM

11 Comments:

Lo cuadrupedo,la ultima tecnologia 3g,los abusurdos megas de velocidad...todo ello tan obsoleto con el tiempo que llamamos presente..que nos queda? solo el recuerdo, me alegro de las jirafas, ellas alimentaran el recuerdo de este dia.
Cada dia aprendemos algo nuevo, por eso cada dia vemos el mundo de manera distinta.
JTA
tu dia me ha devuelto a la realidad que no vivo desde que estoy aqui, desde que no tengo memoria. Solo nieve, chocolate y algun que otro moraton...
Un petit Swisse para ti...
Desde 1973, CABEZAS RIVAS se dedica a la fabricación y distribución de una amplia gama de pasteles de la más alta calidad, convirtiéndose así en un miembro destacado del sector pastelero español.

Nuestra dedicación a la calidad de los productos, elaborados diariamente, y al servicio, nos ha permitido mantener una continuidad y crecimiento en el mercado durante todos estos años.


La línea de productos, de hojaldres, bizcochos, e integrales, elaborado con chocolate, crema y cabello de ángel entre otros, refleja la gran flexibilidad del proceso de producción y la constante innovación de los productos que CABEZAS RIVAS emplea con el fin de mejor servir y satisfacer a nuestros clientes.
jajaja. Sen dúbida, a cabeza da ilustración é unha ilustre e glasseada cabeza Rivas
tes un membro destacado do sector pasteleiro español comentando os teus posts...que honra, non? son estas cousas que teñen os neoloxismos. bicasos ghuapa!por certo os reises deixaron un reghalo para ti na casa atlántica:))
Dime o almanaque que o dia no que vivo non é o mesmo no que me atopo...eu mesmo podería ser ese ser que move as pezas desa desafortunada máquina (digo desafortunada porque a min ainda me quedan recursos, creo) ou peor ainda: a cabeza feminina que actua condicionada ou que condiciona... Bueno, non sei, quizais maña ou dentro dun anaco ou agora mesmo nin sequera sexa o que tal dixo...
Nunca crin que unha cabeza dera tanto que falar. Pero vaia, iso sabíao ben Maese Guillotin. Grazas polos commments, un saudiño aos do colectivo SACOU, a Albertiño -que dubido se che coñezo ou non-, a demallou e cuqui, aos re-post-eiros da familia Cabezas, a ver se invitan a uns Nevaditos ou algo, non sexan como o avarento agarrado do conto nadaleiro de Dickens... E todo o meu magma para a bela tempestade, a violentamente bela...
Pasteis feitos con leite, por suposto.

Gostei da mudanza de nome do blogue.
Non sei se sabes que o título é o mesmo dunha película española inusual rodada co malo maloso Mickey Rouney en idade avanzada e en cueiros.

http://www.imdb.com/title/tt0103206/

Bikínios
E por certo...

Alguén pode me confirmar que ese punto brillante que se ve no ceo a baixa altura en dirección Oeste é a estación espacial internacional?
hoxe pensei en escribir un comentario neste blog que leo todo-los días. E ainda que o meu galego sexa menos galego e mais castrapo, acá deixo o comentario. A vergonza levoa, que non é bo deixa-la por ahi... Apertas!!!!
Ola, torredebabel, enchantée de saudarche grazas a estes enxeños humanos que van baixo o mar e por riba de pampas e macizos galaicos...Sigo visitando a súa torre, princesiña babilonia.

E, Calidonia, jeje, non tiña nin idea do da estrambótica peli de Mickey Rooney!! (esa especie de Michael J. Fox da época dos grandes estudios)i en cueiros!! De volta á lactancia, seica...
Mimadriña. Farei por vela, a ver.
O nome do bloj seguirá sendo como Kosmos. Só mudei por unha semana...
E o punto brillante talvez sexa a estación pero...mmm móvese? Polo visto Venus anda moi preto da Terra tamén estes días. Así que coidado coas veneracións excesivas, coas vieiras á galega (slurp) e coas venéreas en xeral...

(icona de reverencia xaponesa)

Add a comment