...mmmm...

21 dezembro 2005

Extravieime nun debuxo así


Por exemplo, lévanse varias semanas coma perdida nun debuxo de Escher.

Fascinada. Pero perdida.
Fodida. Pero fascinada.
Fascinada. Pero perdida.
E debuxada.

Querido Escher, mago dos posibles: por que este planeta é tan limitado nas súas formas, pobre nas súas leis físicas, esperable nas súas relacións causa-efecto? Por que nin sequera as pildoriñas (con un poco de azúcar...) instálannos nun mundo así?

A matemática. A deliñación. O glacial.
Ás veces non hai campo que abra tanto as posibilidades ao imposible...

Que dure este cadro de Escher. Que duren estas hormonas migratorias, teledirixidas. Este non saber e non saber e non saber. Que dure o teu rostro, ese que levas posto agora, absolutamente agora, absolut agora...

Pídolle a este tempo esa tiranía dos soños que non nos permiten espertar


************

BS pouco Orixinal: O paxaro de lume, Stravinsky. The Hall of Mirrors, Kraftwerk.

Datos de interese: O inverno entrará esta tarde oficialmente no hemisferio norte ás 19.35, hora peninsular, cun frío moderado, moi afastado doutros solsticios nos que a neve xa se deixara ver varias semanas antes.

E nós, tan ao noso...
posté par estibaliz... 6:15 PM

7 Comments:

eu teño outro dato de interese: O verán entrou esta tarde oficialmente no hemisferio sur ás 15.35, cun calor do demo. Cousas deste mundo, como dis, "tan limitado nas súas formas, pobre nas súas leis físicas, esperable nas súas relacións causa-efecto". Apertas de verán!
jajaja! Pero, sabes? Non me esperaba un dato de interese así. O mundo é esperable, si, pero nosa é só nosa é a capacidade do asombro e a curiosidade. Así que, benvido sexa o insólito verán de hemisferio sur neste blog do país do norte pertencente ao estado do sur da Europa do hemisferio norte... Que paradoxos, miña señor!
Apertas a 3 graos centígrados, babel girl!
Material de debuxo

Material mínimo e obrigatorio, que debe aporta-lo alumno/a, para as materias de Debuxo Técnico e Educación Plástica e Visual:



Escuadra e cartabón de 30 cm.sen bisel.

Escalímetro ou regra graduada de 30 cm.

Compás con alargadeira e adaptador para rotulador ou similar.

Lapis ou portaminas con minas de dureza HB e 2H.

Afialapis.

Goma de borrar.

Láminas de papel de debuxo tamaño DIN-A4, tipo “GVARRO” ou similar.

Cinta adhesiva “FIXO” ou similar.

Trapo vello para limpeza do material de debuxo.

Libro de texto.
Para llegar a la extrañeza hay que ir bastante lejos, hasta allí donde cambian todos los ángulos y ninguna certidumbre se mantiene. Pero justamente allí -topando de bruces con el misterio- la ebriedad se da la mano con el afán de saber. Quien busque lo conocido no busca el conocimiento. (A. Escohotado, Euforia química y dignidad humana)
xa van dous comments ao chou que se coan neste blog e confeso que o meu estupor vai en aumento: primeiro foi o dos mestres confiteiros Cabezas, nun post cunha ilustración dunha cabeza parlante; agora, ao fío de Escher, esta indicación de material de debuxo dun instituto local...

Confeso que palabras coma escalímetro, portaminas ou a marca GVARRO (esa fina ironía en forma de papel), enternécenme, xa que NUNCA voltei a empregalas máis que naqueles vellos listados de material de debuxo...

Verdadeiramente, os buracos de verme no espacio-tempo, os presidentes cowboys e as ganchilladas da Grande CyberMalla son dos fenómenos máis abraiantes do cosmos. Cada un no seu estilo...

Grazas por tan emocionante comment, Azar
ah, grazas tamén ao usuario anónimo pola cita escohotada. Un saúdo con mediana euforia química e dignidade entre humana e robótica...
Recordame este debuxo ó meu libro de matemáticas de sétimo ou octavo curso(non recordo ben) da EXB que me deixaba a mesma sensación e que ademáis traía outro debuxo parecido: O dun home sostendo unha esfera coa súa man levantada e dentro desta o seu reflexo unha e outra vez... E eu a imaxinar en que lado da bola estaba. Quizais foi ahí o máis cerca que estuven de buscar o descoñecido...

Add a comment