...mmmm...

17 setembro 2005

Criatura


acabo de crear unha criatura


lanzará nenas ao río, como a do doutor Frankenstein?
tal vez
será tan distantemente humana coma Olimpia?
vivirá no ventre dunha balea, coma Pinoccio?
ou en ti, como un Alien?

como un cosmos diminuto e só que procura implacablemente sinais de vida
como a cosmética do cosmos, pintarme para un circo cun só espectador e un tigre só

devorar antes de ser devorado: principio esencial dos depredadores


as estrelas depredan

depredemos




© foto de Pequeña Esquimal
posté par estibaliz... 7:10 AM | 2 comments |