...mmmm...

31 março 2007

...mmmm

Que é o título deste blog.

Esa onomatopeia.

Recollo a testemuña-mmmmeme que mariademallou me tende, amabelmente i en combustión:

5 temas musicais para foder. ejem. Alehop.

ERDF -ese rollo de novelo e fotonovela que se fala máis a través da linguaxe non verbal que da verbal- pode adquirir dimensións épicas ou patéticas segundo a banda sonora que o acompañe. Besbellinha apunta, como corolario da súa selección, que ás veces a música desacompasa. En efecto. A música non sempre está para acrecentar, lubrificar, estremecer, abrir, soliviantar, sulibellar, salivar, transpirar, dilatar, sobrecoller...

A música ás veces está para foder. Ela mesmamente.

Imaxinen: vostedes cos ollos revirados, as respiracións harmonizadas. De súpeto arranca, sen complexos, Macarena ou Unha vella no tempo dos mouros, nun patio, nunha radio, nunha romería ao lonxe. A música axuda? Depende de cal. Está claro que certas músicas forzadas poden pinchar a situación coma quen pincha un globo moi grande e moi vermello.

Pascal Quignard é un francés. Pascal Quignard publica un ensaio titulado O odio á música. "Sucede que as orellas non teñen pálpebras", é o título dun dos capítulos. Quignard reflexiona acerca da nosa condición necesariamente acústica, acústica ata a tiranía: fíos musicais nos avións, nos ascensores, nos centros comerciais, nos cuartos de hotel, ¿nas nosas cremacións? Oír é obedecer. Etimoloxicamente. Así os cantantes, os dj's, os directores de orquestra, os compositores... xogan o papel do dominator fronte ao servus que non ten máis remedio que obaudiree, aplaudire as súas veleidades, caprichos, divismos...

Para a miña particular meme de 5 temas para foder, como dominatrix ou diva ávida, [achtung: palíndromo] escolmo:

1.- Como non? Como non? PJ Harvey. My beautiful Leah, aínda que seica soe demasiado experimental, ten ese osíxeno turbio co que adoitan comezar as relacións, esa liña de penumbra, cabelos, torpezas, mordiscos, corchetes de suxeitador, cordóns desamalloando/amalloando no aire...

Valeríanme igual It's you, Legs, Hair [versión do mito de Sansón], The River, Sheela Na Gig, Extasy, Is this desire?...

2.- Venus in furs, da Velvet. Ten o fío pegañento, arañeiro i envolvente do sitar.

3.- A música árabe [tamén algúns palos da súa curmá flamenca ] destila certa luxuria de gravado das mil e unha noites. Durante algún tempo fun adicta a Natacha Atlas, unha belga-exipcia que lle dá moi ben ao cu. Ashwa, un tema para introducirnos...no sexo anal? Ashwa quere dicir, ejem, cabalo. Ignoro de que vai a canción.

4.- O francés é o idioma dos pratos de alta cociña e das obscenidades de baixo instinto. Tiña que haber unha peza francesa. Como o orgasmo de Jane Birkin a dúo con Serge Gainsbourg en Je t'aime...moi non plus seguro que xa o mencionou alguén, elixo Sexy Boy, de Air. Un tema algo máis fashion, superficial i evaescente. Como moitos encontros sexuais.

5.- Dubido entre Concha Buika, Janis Joplin, Billie Holiday, Nina Simone... Ao final lío a manta á cabeza i elixo un tema techno suave en plan afterglow. The girl with the sun in her head, de Orbital. O descanso dos cyborgs.

Quedáronme moitas en despensa: The Doors, Morphine, Prince... Si querería mencionar, por el, ao Doutor Amor, Barry White, e ás súas delicadas composicións para "Exterior. Noite. Primavera. Monte Xalo."

Do que lin noutras propostas, ninguén atreveuse coa música clásica ou coa ópera. Eu confeso unha debilidade por Vivaldi e por Debussy. Pero a ver quen lle segue o ritmo a un solo de violín do primeiro.

Unha aria para procrear con moita axilidade e coloratura é Una voce poco fa, de Rossini...

E agora, 5 temas para foder aos veciños? Eu coido que o que máis fodería aos veciños sería que a música non lograse camuflar ben...

Outras variantes de feliche considerazione: 5 sons para foder [tipo máquina de coser, pinga de billa mal pechada, motor de Boeing 747...] 5 temas para foder a votantes do PP. 5 temas para foder en Australia. 5 temas para foder en Zimbabwe. 5 temas para foder en silenzo. 5 temas para foder en órbita. 5 temas para foderse.


Datos de interese:

+ Estou soa. Y grego dorme. Boto calidamente de menos a I latino.

+ Duquela. A fatiga do cantante. Un concepto flamenco, conmovedor, que aparece en Te camelo, versión de Buika

+ Queren plantar un xirasol e albiscar o nirvana contemplándoo medrar? A xentil Viti, despois dunha das súas opíparas e omnívoras ceas, ofreceunos este pequeno agasallo. Véndoo dan ganas de plantalo axiña, comer dun anaquiño de fungo, diminuír como Alicia e botar unha sestiña á súa sombra

+ Y grego acaba de espertar. A ver, 5 cancións para durmir a un neno, rápido. Iso tráeme á memoria as 5 Cancións Negras de Montsalvatge, que cantei cando estudiaba sopranismo, i entre as que se atopa a Canción de cuna para dormir a un negrito: Ya no eres esclavo, mmmm, y si duermes mucho...

+
ou -

+
Que será de nós?

+ Por favor, anónimos, non sexades unánimes

Marcadores:

posté par estibaliz... 10:16 AM

14 Comments:

A min, para foder, o que máis me gusta é Islas Canarias na versión de Los Sabandeños. Bicos! Parabéns polo blog!
Tiña a páxina en favoritos, par ollar se había reposta ao meu post. Vexo que non, pero así de paso, xa que ando por aquí, deixo a miña opinión sobre música e sexo.
Eu vou ao sexo limpo,sen música, atendendo a unha tirazón, do membro que vai por diante ou da vista colcada no vestido dela, ou nun rasgo da súa face, ou nunha cimbrada pola cadeira. Sumérxome no sexo para encontrar a música, hai un ritmo maravilloso, que so soa algunhans veces, moi escaso, case imposibel, pero cando se marca no corpo, xurde a loita, e as colas da memoria poñen o timbre que o ritmo asimila ea o recordo da vontade de ser armoniza, dirixese a música mas profunda, puras formas da emoción, articulación sobredimensionada e imposibel de algún sentimento, e no momento maior, unha disonancia que se vai reducindo nun acorde menor tendido sobre o teu corpo. Septima maior, soa blues, eslimado laiante polos trastes, amote.
Miguel levita
Perdiendo Mi Eje vota por Björk, seguida da Velvet con Nico e algunha de Mazzy Star. O problema da de Orbital é que creo lembrar que é moi longa, e a minutaxe é un tema a ter en conta tamén, ¿non?
1) The Great Gig In The Sky - Pink Floyd, Dark Side Of The Moon;

2) Preludio a la siesta de un fauno, Claude Debussy;

3) Jumbo, Underworld;

4) My Favourite Things, John Coltrane;

5) Le Mobiliere, Rinôçérôse.

Por ejemplo...
Agnus Dei: grazas pola achega

Anónimo, Miguel Levita: está ben iso de facer música co propio acto en si. Sumerxirse no sexo para encontrar a música. Xa es a segunda persoa que me di que, nese momento, non lles interesa unha música en concreto

David: Orbital si, ten temas de 10 minutos. Pero, como insinúa a pequena esquimal, a minutaxe nunca é problema para nós. De feito, esa escollina como Aftermath.

Bruno: interesante selección que, ademais, só podía ser túa. Ao vela, lembrei doutro tema que talvez che agrade: Turangalîla, de Messiaen.
Este blog es fantástico, me parece de una gran calidad aunque los textos son un poco largos

Me gusta tu selección de temas. Me hace pensar en cuáles pondría yo

¡Enahorabuena!
Este comentário foi removido pelo autor.
Sí, bueno, es que... me daba un poco de palo poner el Cuarteto para el Fin de los Tiempos, que es en realidad lo que me a mí me pone... mi partenaire suele quedarse sobada con la 7ª trompeta que anuncia el Apocalipsis... justo cuando para mí los cielos se abren y bla bla bla... ;)
jajaja. No sé qué pensaría Messiaen de su Cuarteto en un meme de cancións para foder. Ademais foder ten algo de fozar, hozar.

Ángela: gustábame a túa selección, por que fas desaparecer o que escribes?
ESTA VEZ no fue mi intención la de borrar el comentario, simplemente quería añadir un signo de interrogación a una de las canciones;pero no supe cómo hacerlo .He aquí, de nuevo, la selección de cinco canciones que me provocan:
-Háblame en la cama (María Jiménez).
-Da ya think I'm sexy?(Rod Stewart).
-Erotica (Madonna).
-Start me up (Rolling Stones).
-Volando voy (Camarón de la Isla).
Gracias, Ángela. La de Rod Stewart es un clásico como la copa de un pino. Y me gusta que hayas escogido a Madonna. También me gusta mucho. Yo pondría Justify my love.

Y Camarón y los Rolling... la verdad, ahora que lo pienso, la boca de Camarón y la de Jagger tienen cierto parecido razonable, cada uno en su estilo...
mmmmmmmm bicassssso!!!!!!
que boas escollas, todas. E moito aprendin con elas. Tamén eu andiven na procura de músicas máxicas que fixeran durmir nenos urxentemente pero decateime co tempo que so existe unha música para iso: a voz dos pais cantando (desafinadamente no meu triste caso) para eles músicas de amor. E esas non as ten o youtube. Apertísimas admirada estivaliz!
Aínda que comparto o gusto por Turangalîla e algún que outro tema que se nomeu por aquí, o certo é que son incapaz de facer a miña propia lista. Se puxese música no momento de, o máis probable sería que me puxese a cantar. Ou a reflexionar sobre seccións áureas, contrapunto e expresións de autenticidade. Éche o que ten ter un papeliño que me acusa de ser musicóloga.

Add a comment