27 dezembro 2005
Escribimos demasiado
Escribimos demasiado.
O soporte do papel ás veces ponse insoportable. I escribimos demasiado. Demasiadas letras. Demasiados puntos. Todo é de máis neste 3º planeta do sistema do sol, estrela provinciana. Escribímonos para darnos a certeza de existir. A certeza de ter deixado pegada. Somos demasiados. E non temos nome.
Cando un decide publicar o que escribe, hai un certo troque diabólico: vende algo de sí, unha parcela que xa non será máis súa por enteiro. E aínda así lanzámonos ás poutas de ese monstro insaciable que é non ser nós mesmos por enteiro. De deixar que nos descarnen. Estamos famentos de humanos. A especie humana namorou de si mesma: Nefertiti, o canon grego, as termas romanas, o corpo de Cristo, Leonardo da Vinci, as torturas sadomaso, os baños turcos, a indumentaria, os pratos labiais, as tatuaxes, Walt Whitman, Francis Bacon, Dior, Vanessa Beecroft ... son diferentes arestas dun mesmo himno ao corpo, e, seguindo a liña imaxinaria, dun mesmo himno á especie humana. Necesitámonos tanto, abigarrámonos tanto, creamos núcleos onde a carne humana apílase en millóns de seres, imos xuntos á cama, á guerra, ao circo, ás manifestacións. Só sabemos vivir en manda, coma lobos con sede de tanta carne humana como vemos...
Por iso é que escribimos de máis: agarramos papeis coa boca i esborranchamos, queremos deixar constancia do noso paso polo mundo, coma adolescentes que escriben o seu nome en cada pequeno papel, en cada pel ou pantalla ou parede... porque precisamos un contexto de carne humana. Xustifico as miñas palabras sobre as palabras doutras palabras? Xustifico esta presentación, este libro que teño ao lado, os libros todos do mundo?
Fragmento de A nosa sede de tanta carne humana, presentación dun libro calquera
© estíbaliz... espinosa
BSO: Marte, deus da guerra, de Gustav Holst, da suite dos Planetas. Tipo banda sonora de peplum (Gladiator, sonoro calco). All along the watchtower, a versión de Jimi Hendrix. Non sei por que, tamén me parece unha banda sonora dunha película, pero esta de castelos e bufóns. Será pola letra. There are many here among us/ who feel that life is but a joke
Datos de interese: hoxe o sol atópase en bo estado térmico, pero non se deixa ver nesta pequena, pequenísima e candidamente pretenciosa cidade de provincias que nin chega ao medio millón de habitantes.
Marcadores: Macedonia
posté par estibaliz... 7:02 PM
9 Comments:
Mmmm... Pode ser.
Mais nunca leremos dabondo.
Mais nunca leremos dabondo.
vanessashow01@hotmail.com vanessa@vanessashow.com.ar
(011) 155 - 341 - 0695
La primer travesti argentina e internacional.
Gracias a todos los que visitan mi página en el mundo entero. En cuanto a mi actividad continuo haciendo mis actuaciones en eventos, convenciones, casamientos, etc etc. Siempre con gran despliegue de vestuario, musica y monologos desopilantes, Abc 1 total.
Gracias Vanessa Show.
, at (011) 155 - 341 - 0695
La primer travesti argentina e internacional.
Gracias a todos los que visitan mi página en el mundo entero. En cuanto a mi actividad continuo haciendo mis actuaciones en eventos, convenciones, casamientos, etc etc. Siempre con gran despliegue de vestuario, musica y monologos desopilantes, Abc 1 total.
Gracias Vanessa Show.
eu, que non son tan interesante como Vanessa a primeira travesti arxentina e internacional, ainda que viva na Arxentina, dou moitas gracias todolos día pola xente con talento que escribe demasiado todas esas cousas fermosas que eu podo ler. Ti entre elas. Apertas!
Fico triste de non poder desopilarme (depilarme con desodorante?) cos monólogos de Vanessa, "la primer travesti etc etc", pero, se algún día aterro na Arxentina xuro que -mesmo que teña que roubar, asasinar, mentir e pagar unha entrada- non ma perdo.
Graciñas, Babilonia muller. Bicas gordas!
Graciñas, Babilonia muller. Bicas gordas!
preciosísimo post, pero los puentes son necesarios. No creo que las personas se prostituyan, tal vez, no lo sé. Pero si no existiesen esas ventanitas pequeñas que son los libros, los blogs, los flogs, qué haríamos.
No sé.
Al final el libro va a ser como un radiador de calor negro, de esos, de antes, para hacer sentir a los demás que uno no está terriblemente solo.
reverencias.
No sé.
Al final el libro va a ser como un radiador de calor negro, de esos, de antes, para hacer sentir a los demás que uno no está terriblemente solo.
reverencias.
Y aunque nos prostituyamos... qué más da. Es hermoso y digno hacerlo por una caricia, por saber que no estamos solos, que nos aman terriblemente, que nos leen por las noches bajo una luz mortecina, que nos odian por decir lo que decimos y callar lo que tal vez callamos...
Gracias por tus delicados y arácnidos puentes de seda. Me gusta mucho eso del radiador de calor negro. Has dado en el clavo, samurai número siete...
Gracias por tus delicados y arácnidos puentes de seda. Me gusta mucho eso del radiador de calor negro. Has dado en el clavo, samurai número siete...
Escribimos demasiado? Quizais... Aqui estou eu dandoche a razón con este feito. Pero desexoo tanto!. Desexo engadir un comentario a todo canto se di. Desexo que digas, que sen conte, que se escriba; porque mentras un escribe, permanece. Nin antes nin despois. É nese preciso intre. A miña idea do libro está bastante de acordo ca imaxe esa do radiador de "calor-emoción". Nada busco na escrita agas a permanencia; na lectura, a min mesmo.
Por outra parte 20 millóns de habitantes non son suficientes para liberarnos desa necesidade. Cantos máis, peor diria eu.
Pois ben, o fin último é a permanencia neste mundo feroz.
P.D.Hoxe tiña pensado escribir de min,
pero hoxe ainda non fun.
Forte aperta a todos os que son...
, at Por outra parte 20 millóns de habitantes non son suficientes para liberarnos desa necesidade. Cantos máis, peor diria eu.
Pois ben, o fin último é a permanencia neste mundo feroz.
P.D.Hoxe tiña pensado escribir de min,
pero hoxe ainda non fun.
Forte aperta a todos os que son...
Good design!
[url=http://faeagzgi.com/olar/wcek.html]My homepage[/url] | [url=http://aqktzcvv.com/hndt/dpua.html]Cool site[/url]
, at [url=http://faeagzgi.com/olar/wcek.html]My homepage[/url] | [url=http://aqktzcvv.com/hndt/dpua.html]Cool site[/url]
Good design!
http://faeagzgi.com/olar/wcek.html | http://vxlxcefv.com/yvih/apew.html
, at
http://faeagzgi.com/olar/wcek.html | http://vxlxcefv.com/yvih/apew.html