26 maio 2006
Devocións desorientadas (Japdevoted)
Escribo cun Uniball eye (Mitsubishi).O meu primeiro disfraz foi de xaponesa.
No colexio pintei unha dama nipona de escaiola (azul, rosa, vermello). Tocaba unha mandolina. Talvez era chinesa, como a nai de Familias de 7 países.
Crecín con Mazinger Z, Candy Candy...
Algunha vez cantei Sakura, tema que polo visto fala das cerdeiras.
Alguén aprendeume a elaborar sushi.
Unha secuencia impactante da miña nenez é a do suicidio de Anju, no Intendente Sansho, dun señor apelidado Mizoguchi.
Coñezo á ex-secretaria do Embaixador do Xapón, en Madrid. A día de hoxe odia todo o que veña desa presada de illas no Pacífico...
Lembro unha estampa erótica dun polbo xigante e unha muller núa.
Leo a Mishima e a Sei Shonagon.
Teño certa curiosidade polo hentai. Por Mariko Mori.
Os empurradores do metro. As libidinosas adolescentes. Os que mangan braguiñas tendidas de nena. A moda neopoppunk. Os otaku.
Blade Runner. O anime. O manga. Mononoke. Amaterasu. Os haiku. O terror xaponés. A neve. Ran.
Que ten Xapón neste principio de século XXI? Simplemente é unha das potencias ultratecnolóxicas que domina o globo? Por que os xaponeses son devotos de todo? Por que hai tantos devotos de todo o nipón?
Con fervor...
Aishiteru
BSO: Música tradicional do Xapón, Ensemble Nipponia. Cousas máis raras oiredes, seica. Pero, que melodías son estas? E a percusión? E a voz? Canta esa voz? Se é así, quen lle aprendeu a cantar? Ou recita antigas sagas? Ou máncanlle os zapatos? Pretende intimidarte? Que musa de música é esa?
Se hai máis preguntas sobre o tema: Taiko, Oedo Sukeroku. Tambores.
Datos de interese: Xa non me alcanzo a ver os pes.
Onte sentei nunha pequena cadeira no borde da praia. Contestaba unhas preguntas que gravaban nunha cámara. Un docutraballo de Sindri. Comunicación Audiovisual. Ao redor: as primeiras intrépidas en bikini na praia. Sol baixo na praia. Cámara e micro e script na praia. Caterpillars apisonadoras de area na praia. Vento. Na praia.
O vento levou todas as miñas palabras e o micro apenas rexistrou fiuuu. Verdadeiramente, hai días que se van co vento. A Tara?
Lev Manovich desvela que os artífices de pelis de 3D han de estropear e meter ruído en certas imaxes demasiado realistas para darlles máis verosimilitude. Fala do mítico Zeuxis, pintor a cuxas uvas pintadas baixaban comer os mesmos paxaros. Ai, as ilusións. A linguaxe dos novos medios de comunicación. Barcelona. Paidós.
Nintendo lanza Wii a finais deste ano.
Os memes: unidades de transmisión cultural baseadas na mímese e na memoria.
Non é bo fritir outros alimentos no aceite de fritir setas.
Nikki: diario en xaponés
I pintoume o ventre de azul. Unha porta. Uns pes. Un fósil. Un óvulo. Uns espermatozoides.
Hoxe choveu.
Marcadores: Devotions

