...mmmm...

09 junho 2006

Lista de Lugares cos que Babexo ao os Nomear

Rhin [Rin]
Devesos
Samarkanda
Lobios
Besarabia
Salto Ángel
Luou
Ciudad Delicias
Macedonia
Shanghai
París
Zanzíbar
Matanzas
Cariño
Lobeira
Seixo Branco
Castro Daire
Deserto Pintado
Murmansk
Yucatán
Mundaka
Nairobi
Ons
Cnossos
Mikonos
Isla Tortuga
Nicosia
Berlín
Mar del Plata
Asilah
Nínive
Ulan-Bator
Estambul
Marrakesh
Cines
O Xen
Olinda
Ur
Atlanta
Madrás
Timbuctú
Harar
Namibia
Ispahán
Miranda
Yare

Algúns destes lugares non sei case nin ónde quedan (oh, atrevida ignorante!). Moitos outros, si. Claro que me dan igual todos eses que confunden afanosamente a intelixencia con saber ou non a capital de Kenia. Sempre me fixeron graza os esforzados en demostrar os seus espasmos neuronais con ardides semellantes. Cando un intenta deixar claro que é moi intelixente... ¿é intelixente ou petardo? Non sei por que, esforzo e intelixencia non me casan na cabeza. Claro que a miña é só unha cabeza que vive de memes e lembranzas semiimplantadas.

A Terra destes humanos é grande dabondo como para competir co Universo coñecido... Así houbo que poñerlle nome a todo, a todo. As criaturas mecánicas percorren co dedo mecánico unha interfaz. A interfaz da Terra que tampouco é súa. Todos estes topónimos emocionan fondamente a súa falta de entrañas. Ás veces non hai como non ter vísceras para sentilas palpitar a cada paso, como lle acontecía ao Leñador de Folladelata.

Qué namorados están deles mesmos e do seu planeta azul. Viven de ser "eu" e de beber auga potable.

Pero "eu" afoga nun vaso de auga. Alguén bota esa auga, estrágaa. E a Terra, reseca, estira o pescozo de tartaruga moi vella. E o Mar, un aprendiz de Aral, un enorme esterqueiro, un abismo a presión dende o que nos miran peixes cegos, albinos, transparentes, cun signo de interrogación aberto no espiñazo.

Qué felices que somos nesta terra, pronunciando estes nomes bonitos nas noites de calor. Acariciando o pescozo veludo dos nosos nenos. Rin Devesos Samarkanda...


BSO: Beautiful feeling, PJ Harvey

Daphnis et Chloe, Maurice Ravel


Datos de interese:
Latitude:
43.3
Lonxitude:
-8.38333
Altitude:
97
Saída do Sol:
6:54 AM GMT 2
Posta do Sol:
10:12 PM GMT 2

(15 horas de luz solar! Coño, xuño é unha verbena)

Fase luar: in crescendo molto splendente

Regale una estrella

Un regalo resplandeciente para el día de la madre o del padre, cumpleaños, Navidad, bodas, San Valentín u otras ocasiones especiales. Por sólo € 69 recibe un Kit Estelar de MYSTAR - Global Star Registry. El kit contiene un certificado firmado que confirma el nombre y las coordenadas astronómicas de su estrella. También obtiene un mapa celeste que muestra la ubicación de su estrella en forma destacada. El kit incluye también un colgante grabado con la constelación de la estrella y sus coordenadas exactas. Puede escoger el colgante como collar o llavero. Inmortalice su propio nombre o el de otra persona entre las estrellas. ¡Un regalo brillante y exclusivo que nunca dejará de complacer!

Mmm. Quedan poucos días para unha sinalada data... ¿Optarei por regalar unha estrela do Kit Estelar de MYSTAR?¿Unha navalla mariposa?¿Syberia II para PC? ¿Un pequeno tití cun chapeu morado e unha cadeíña de prata? ¿Un acuario? ¿As obras de Sade, marqués-de-? ¿Unha viaxe ás Covas Do Rei Cintolo? ¿Unha cesta de nadal? ¿Un ideograma chinés co significado de -quéseieu- "inmortalidade", "nirvana total", "fecundidade rotunda" ou "melocotoneiros en flor púrpura e lesbianas de almorzo debaixo"?

Tic-tac, tic-tac. Pensa, pensa, coelliño branco, pupilas rosa...

Marcadores:

posté par estibaliz... 12:11 PM

10 Comments:

gustame moitísimo a xente que -sendo intelixente- non o mostra nin o loce. Ha de ser pouca, xa que vivimos nun mundo estragado, cheo de morte -cando podemos dar vida- e de fame -cando a comida vai ao lixo-. Apertas, Estivaliz: au babexo cunha lista que inclue este blog ;-)
Dalí dejaba cristalizar las babas que le caían cuando pintaba; luego, cuidadosamente, las arrancaba con unas pinzas y las colacaba sobre la mesa para poder contemplar "el fruto de su éxtasis"... regálale tus babas!
Jajaja! Baba cristalizada! Qué hermosa gema rara! Como regalar un anillo de titanio o unos hilos de pegamento o un pelo de camello.

O una mancha de café reseca sobre una factura del gas!

Estamos rodeados de regalos dalinianos y excéntricos que harían caer la baba a nuestros destinatarios y ni nos damos cuenta!

Gracias por abrirme los ojos
Listaxe (s.f). [1] Unha lista que axe. [2] Liz (Taylor) en éxtase.

Gosto tamén de Zas (Gz), Amadora (Pt), Portsmouth (En)...
En vez de "díselo con flores", "díselo con babas" (puag!)
a miña lista para babexar sería máis ou menos a seguinte.

1. Hugh Grant en four wedings and a funeral (síntoo, unha ten as súas perversións)

2. O principiño

3. "O sol do verán" de Carlos Casares

4. Os bebés que abren os ollos dende o principio

5. Un osiño de peluche que me levo en todas as mudanzas

6. Miña irmá durmida

7. A poesía mística de Sor Juana Inés de la Cruz

8. A poesía de Catulo

9. Un papeliño no que un compañeiro de clase anotou para min un nome que me cambiou "Wittman" (que non se escribe así)

10. Miña avoa cando di "entre Santiago y La Coruña no hay color"

11. As dez da noite do 24 de xullo en Compostela

12. "Mi primer bikini" de Elena Medel

13. un teu poema de "pan:libro de ler e desler" que copiei na parte de dentro dunha libreta.

14. Os números da superpop que mercaba a miña amiga eli a 150 pts

15. as cartas de familias de sete países...




(...)
Linda lista.

É tan cándido o da túa avoa dicindo "Entre Santiago y La Coruña no hay color".

Sor Juana Inés, Catulo (gran nome para un gato)... Coincido por completo.

Agardo coñecer axiña a un bebé que abra os ollos dende o principio. Lembrarei de ti, aínda que non nos coñezamos.

Curioso.
Curioso, si, que aínda que non nos coñezamos estou segura de que ese bebé chegará cos ollos abertísimos tanto literal como metafóricamente :-)

Si que é bo nome Catulo para un gato, pensareino cando teña un, pese a que sempre quixen ter un gato que se chamara "can" e un can que se chamara "gato" :P
reghala un segundo do teu sorriso,ghuapa!
eu tamén quero coñeser ese bebé en canto abra os ollos ;)
bicos
Hola. Te escribimos desde Argentina. Te comentamos que estamos editando una revista de poesía y arte, su nombre es interrup/ciones. Ya salió el primer número y el 15/07 sale el segundo. Los invitamos a participar. Saludos.

Natalia González y Sebastián Quiroga Torres
www.revista-interrupciones.blogspot.com
revista_interrupciones@yahoo.com.ar
Por qué Devesos? joaquim.paredes@yahoo.es

Add a comment