...mmmm...

28 janeiro 2006

Andromedaria


Síntome lixeiramente Galaxia Andrómeda. Ou obxecto Messier 31. En ocasións. Portadora de posible vida no seu interior.

Pero aínda non se sabe...


Datos de interese: tras semanas de luxurioso sol, casta choiva. Chove igual que no interior dun mosteiro, con pingueiras e con toses. Iso non impide longas tardes en camas á deriva sobre ríos imaxinarios do principio xeolóxico do mundo. Somos dromedarios, e atesouramos a auga toda que cae para atravesar nonseiqué desertos. Teño pendentes varias listas de cousas. As listas de cousas son un xeito de ordenar o caos. Ou de sementar o caos. Biba o kaos.
posté par estibaliz... 8:27 PM

9 Comments:

Saudos e benvida ó espacio internautico. Pensei que xa non volvías. Estache quedando un blog moi Kósmico. Magnífica imaxe...
La colección "Har.ra" de 24 tablillas de Sumer contiene casi diez mil nombres de cuanto existe, organizados en árboles, cosas de madera, metales, objetos metálicos, partes del cuerpo, plantas aves, peces, cuero, vestidos, lana, ciudades, tipos de cerveza, etc.
Grazas, Albertiño. Entre cósmico e cosmético, esa é a idea...

É incrible cómo o usuario anónimo envía cousas do máis edificante e sempre en relación aos temas que propoño.

Dez mil nomes de canto existe... Qué sumerios tan aplicados, todos vestidos de coiro e lá e bebendo baixo unha árbore rexistrada as súas clasificadas cervezas...

Vou empezar a relación do que vexo aquí mesmo:

papel
cámara de fotos
micrófono
persiana
vidros de fiestra
cactus
póster de Metrópolis
zoco talla 28 de cor vermella
lata de galletas
monitor
ratón
radiador
calcetíns
fotografía trucada dunha muller-gato do ano 1932
lapis Mongol
lapis roubado
lapis da Alhambra
bolígrafo con purpurina azul
rotuladores Made in Japan
matroshkas
.
.
.
.

Noutro eon seguirei... Ou segue ti, usuario anónimo. Ánimo, anónimo.
Hola Estíbaliz:
Somos los redactores de una revista cultural cordobesa (PDA-Perfil del Aire). Nos gustaría ponernos en contacto contigo para pedirte una colaboración en el nº3 de nuestra revista. Por favor, si te interesa envíanos un e-mail a la dirección perfildelaire@hotmail.com
Un saludo.
tardes en camas...eu tamén me quero mudar a esa galaxia...
"La ciencia de las listas", es como los asiriólogos han denominado a estos textos en los que se registra exhaustivamente todo cuanto hay; en esta protociencia, parece ser, se van fundando paulatinamente las artes adivinatorias, en las que lo anómalo destaca como signo, y por ello es necesario el conocimiento de lo que es la regla
querida bruja de la queimada y viva el kaos.Preciosa galaxia para habitar.

me siento un poco autoestopista galáctica
nunca consigo entender todo lo que escribes, pero suena tan precioso el gallego que es como si supiera todas las palabras, como si conociera todos los universos y galaxias...

besos y viva nuestro hombre JRM
Máis ainda que galaxia cedo serás Vía Láctea habitada por unha galaxia nova, inexplorada, unha supernova!!

fermoso blog!!
O Loish

Add a comment