...mmmm...

20 agosto 2006

Neotenia

Definición: neotenia, o sea, la persistencia en un adulto capaz de reproducirse de caracteres usualmente atribuidos a un organismo inmaduro.

Típico de anfibios. Urodelos, Anuros. Sapos. Salamandras. Píntegas. Cousas así.

Ti e mais eu considerámonos lonxe deses seres.

Pero a neotenia é rastrexable nesta especie á que pertenzo.

Á que pertences ti.

A mutante humana.

A neotenia ten unha dimensión puramente zoolóxica e unha aplicación felizmente sociolóxica. Sozoolóxica (atención: cota de xogo de palabras cuberta por hoxe). Así que somos anfibios: crecemos, pero mantemos atesourados os rasgos das nosas fases de larva que, na especie humana, duran... e duran...

Somos biscoitos medio crus, deses fariñentos que saben a maizena. Nacemos a medio facer: a cabeza demasiado grande, a vista demasiado perdida, a linguaxe demasiado privada, a pel demasiado impresionable, o estómago demasiado indeciso, o corpo demasiado torpe, a memoria demasiado obtusa, as potencias demasiado potentes... Nacemos en forma de potencia. Somos fame que tardará moito aínda en se converter en intelixencia.

Se é que converte en tal cousa.

Tardamos como mínimo 2 anos en rexistrar unha lembranza consciente! E para iso moitas veces confundímola con algún soño.

No principio soñamos máis que vivimos.

Sen embargo, das nosas fases iniciais gardamos demasiado, segundo afirman psicólogos, sociólogos, pedagogos e pedantes que amenizan toda reunión de sociedade. Fases decisivas e sepultadas nos recunchos da inconsciencia (a fase uterina, a fase de lactantes, as etapas básicas da socialización...)

Nunha especie de bucle sen fin, paradóxico tamén, a medida que imos medrando imos desexando non medrar máis. Agora que podemos vivir tanto, tantos anos - máis de 400 din os listos- agora que albiscamos no horizonte a posibilidade de enterrar -cun sorrisiño triunfante e, por tanto, algo mediocre- ás lonxevas tartarugas nacidas canda nós, agora, xusto agora... queremos deter o tempo. O tempo dos nosos corpos. Que non transcorra máis.

Peterpanismo.

Hai tempo que se fala do síndrome Peter Pan. Pero faise desde unha perspectiva eminente, médica, con sentencias como "falta de confianza nun mesmo", "excesiva dependencia do parecer alleo" ou "medo a asumir responsabilidades". En fin, o típico cadro ante o que todos nos sentimos fatal por vernos reflectidos para así axudar a engrosar as arcas de psicólogos, psicoterapeutas, psiquiatras (horreur, la bête noire), psicofantes, psicodramáticos, psycho killers e demais, que prometen, con certo maligno candor , devolvernos ese estado ideal de plena madurez. Autoestima. Pensamento positivo. Confianza. Fe. E tránsito intestinal inmellorable.

Estúpido, claro.

Non é aí onde se quere deter hoxe o ollo mecánico da criatura mecánica. Do peterpanismo [sic]teranse escrito xa teses, e reseñas a teses e todo.

En realidade, a neotenia disecciónoa noutro tipo de actitudes. Non na sa falta de madurez e na normal carencia de estabilidade emocional [nun mundo inestable e incerto ata o nivel do átomo, aqueles que gozan de estabilidade emocional ha de ser porque amosan a sensibilidade dunha tapia. Non me cambio por eles. Mmmm.Ou...?]. As actitudes neoténicas que observo na raza humana exemplifícoas cos debuxos animados: os debuxos animados -con perdón dos que se curraron os bisontes nas covas paleolíticas hai miles de anos- son un dos inventos máis decisivos do século XX.

Pensen: un debuxo animado. Inmediatamente pensan: cousa de nenos. Pero sigan pensando [con coidadiño, por se doe]. Os adultos de hoxe vemos e somos fans dos debuxos animados [ e neles englobo o 3D, os cómics ou os gráficos dunha Playstation] . Movémonos nun mundo no que fabricamos seres aos que dotamos de ánima. De vida. Os debuxos animados son os precursores da biomecánica. Eu afirmo que moitas das miñas historias preferidas transcorreron baixo a forma de debuxos animados. Sub especie designati ¿? [chiste especial para os borgeanos, que amenizan toda reunión de sociedade]. Un debuxo animado conmóveme, axítame, cunha forza real. Mononoke, Buzz Lightyear, os comics de Bilal, Max, Quino, Moebius... Son infantil? Inmadura? Moi posiblemente. Quero non ser adulta? Tal vez non me sae ben selo.

Mais o que realmente creo é que quero levarme parte do meu pasado, cada vez máis, a medida que vou medrando e se espera de mí que faga certas cousas [de sospeitoso contido estable].

A neotenia nos humanos significa que estiramos infancia e adolescencia, conscientemente, voluntariamente, ata límites cronolóxicos variables. En contra do que acontecía no pasado. Antes o prestixio proporcionábao a idade e, de feito, a nenez nin sequera era unha etapa tal e como hoxendía a coñecemos, unha etapa con sección propia no corteinjlés, por exemplo, con roupa, libros, entretemento ou Dereitos de seu.

Non. Antes ninguén quería ser neno moito tempo. A partir dos 30 o noso corpo cóbranos un duro aluguer. A xente medraba rápido, reproducíase rápido, esquecía as ofensas rápido e, seguramente, tiña orgasmos moito máis rápidos.

Hoxe vivimos no noso corpo de aluguer vendo debuxos animados -que contan historias máis substanciosas que moitos libros supostamente sesudos e que, ao final, só falan de líos de parella e do "guachi" que é o autor/a- e xogando día e noite.

Advertiron que a nosa especie, a estas alturas de milenio, está obsesionada con matar o tempo xogando? Xa sei que haberá canicas prehistóricas e xogarían ás sombras chinescas no fondo das cavernas, pero nestas datas a industria do xogo [a do entretemento, en xeral] obríganos a ter algo entre as mans para ser persoas. Debemos saber xogar. Pero xogar é moi difícil, implica desprenderse dunha parte dun mesmo, saber distanciarse, nun zoom cara o cenit que nos faga pequenos. Deberían aprendernos a xogar na escola.

A existencia é un xogo. I esta triste e petulante frase sitúanos máis cerca dos nenos que xogan, como dicía un autor arxentino hipercitado, que xogan "con seriedade".

Outra das actitudes neoténicas da nosa especie reside no hedonismo e no despregue dos sentidos. Cando nenos apenas fomos unha manchea de nervios atados a un embigo. Todo era sensación. Perplexidade. Comprensión do corpo. Ao longo da vida perpetuamos ese redescubrir dos sentidos: Vea, escoite e experiménteo todo, di un eslogan dun Home Theatre. As palabras emoción e sentidos acaparan boa parte dos campos semánticos publicitarios. Sentir e emocionarse representan o cumio da natureza humana neste principiar do milenio. Emotional landscapes. Temo que o exceso de sensorialidade nos deixe fríos. Ou talvez non o temo, senón que o agardo e, mesmo, con alivio. Xa que todo é "unha nova sensación" e a nosa finalidade nesta Terra semella non ser outra que desfrutar dos nosos sentidos, o día que non sintamos nada hemos experimentalo cunha repentina curiosidade.


Na adolescencia sentimos con tal forza que o resto da nosa vida é nostalxia de todas as primeiras veces. Pero iso tamén ten moito de cliché. Eu, que son o modelo ou dummie que máis preto teño, esquecín as primeiras veces de moitas cousas e lembro cunha luz de caleidoscopio moitas segundas, terceiras ou enésimas veces.

Quizais o quid radique en experimentar eternamente como unha primeira vez... Unha necesaria ilusión óptica que funciona no namoramento, na chegada do verán -sempre me parece o primeiro verán de todos-, en certas mañás ou certas noites moi noites. Pero coido que esa falsa sensación ou falsa memoria opera nun tipo especial de caracteres, non en todos.

Creo que teño dereito a ser nena toda a vida. Como tal vez ti -que estás lendo a un tiro de pedra binaria- como tal vez ti o cres. Seica nunca o formulaches así. A nosa opulenta ociosa sociedade occidental permítenos o luxo de ser nenos de xeito ilimitado. Non temos que correr para fuxir de soldados. Só corremos. Non temos que xustificar un pensamento racional. Emocionarnos ata a épica é suficiente. Os nosos heroes poden non ser grandes. Queremos que nos conten contos - que pobo humano non?-. Reivindicamos o dereito a saír en camisón con dúas trenzas ladrando por ti. Somos poliños na procura de cascaróns con hipoteca. O capricho, a indolencia, a insolencia temeraria... son virtudes incontestables. Debuxamos coa man esquerda. Probamos a ver. Afiamos lapisiños de cores. Abrimos moito os ollos ao cosmos. Comemos cosmos. Intuimos. Mentimos. Na escuridade hai cousas. Máis das que hai na non escuridade. Falamos do revés.
We're fountains of blood in the shape of a girl.

Xogamos.

Interesante desviación da vida humana, xogar. Derivada do almacenamento de alimentos e do control da temperatura corporal. O xogo fainos grandes.

Quen non lembra o nome dalgún boneco da súa infancia?
E cantos nomes de supostos amantismos, de amigos indelebles, xa non viven nos nosos circuítos da memoria?

Sorrís lendo isto, pequena larva?


Soundtrack: Por este doce e vulnerable momento: La la love you, dos lonxanos Pixies. E tamén unha supernova versión bossanova do Heroes do aínda máis lonxano Bowie feita por Damills. Agasallo de Viti.

All I'm saying, pretty baby

La la love you, don't mean maybe

Ven que fermoso simplismo?

En inglés, ao ser amado díselle baby. Neotenia? I é neotenia que, nas identidades trucadas da rede, tantas persoas elixan ser "pequeno", "diminuta" ou "lil'... ?

Datos de interese: O desamor é unha falsa e tópica fonte de inspiración. Tampouco nos fai máis grandes. O desamor é unha espera insoportable. Unha toxina que se pousa, coa delicadeza do amor, enriba de todas as putas cousas.

Sentirse un cabalo coxo. Sobre o que deciden cómo e cándo rematalo.

Hoxe haberá algún tipo de lúa. Miren, a ver...

Matinando en cómo se diría debuxo animado en latín [para calcar a expresión sub especie aeternitatis modificando o aeternitas por debuxo animado] consultei a un clásico devoto. Suxeríume tal cantidade de fórmulas, a cada cal mellor: imago in actu, imago in motu, simulacri, spectri... Nestas últimas, o mérito é que preservan o contido de alma presente na expresión orixinal de debuxo animado. Grazas e garzas que saen voando, Alberto.

Navegando, atopei unha páxina de test de carácter. Soa un pouco á teoría aquela medieval dos humores, o sangue, a flema, a bile... Pero seguro que pinchan no enlace e pican. Saíume o número 1. Tal vez mañá me saia o número 6. A algún lle saíu o número 7, "amorfo"?

E que me din de Plutón? Jajaja. Vaia destitución. Claro que xa se lle notaba un pouco aparte, sempre foi un planeta algo distraído[para min sempre serás planeta, Plutón (verbenero!! Síntoo. Sei que xa cubrira a cota de xogos de palabras neste post)]

Créditos das imaxes: As 1 e 2 son de Ray Caesar . A 3 é de internet, si, pero ábranme o cranio que non lembro de onde. Mmm. É un delito?

Marcadores:

posté par estibaliz... 5:46 PM

8 Comments:

Saín emotiva-activa-introvertida, o que menos me cadra é o de emotiva (creo), pero polo menos non saín "amorfo" :P
La fuente de la que mana la emoción de cualquier buen juego permanecerá por siempre inalterable: dejar con un palmo de narices a la necesidad; ¿no es eso lo que los niños adoran?
Jugaremos eternamente por este cosmos, hurtando tiempo al tiempo, sirlando manzanas del jardín de algún dios iracundo y cruel, regocijándonos en su cólera; andrajosos, sucios y rufianescos, felices y despreocupados, sacudiéndonos los sueños del pelo cada mañana al despertar, perezosos, somnolientos...glad to be alive!
"o neno que levamos dentro". Moitas veces teño escoitado iso e eu, a única vez que levei un neno dentro, foi durante oito meses e o neno xa está por facer os dous anos. "o xogo da vida". Tamén soa esa frase moitas veces e a vida ten moito de maxia, moito de sorte, moito de traballo e ás veces, pode que tamén, moito de xogo.
Vaia, Berta, alégrome de que non sexas amorfa. Con isto de non coñecernos persoalmente nunca se sabe...
:P

Que conste que xa o intuía, eh?

Bruno, Brunildo... tás to er santo día en interné, eh? Hay que estudiar, malandrín. Aunque eso de dejar con un palmo de narices a la necesidad... es tan justo, tan necesario, tan... lúdico.

Sirlar. Qué bonito verbo. Burlar y sisar? Birlar y sisar? Non cho coñecía. En la RAE tampoco lo conocen, los muy obtusos. Se ve que siempre pagaron religiosamente por sus manzanas golden... ;P

Sirlemos. Yuhuuu!!

Biban las herratas
Ea ea ea la RAE se cabrea...
Buscaba neotenia en google y sólo me aparecían definiciones de anfibios, hasta que caí aquí; buscando qué me había querido decir alguien al que reconozco en lo que he leído, también yo me reconozco.
Amo los dibujos animados y jugar con niños y con adultos y estar en una tierra de nadie entre la juventud y la edad adulta.
Me encanta lo que escribes y cómo lo escribes, felicidades, ha sido un placer leerte.
gracias, silvia. Han pasado ya varios meses desde que escribí esto [más de un año], pero siempre alienta ver que es significativo para alguien.

Es como un alivio. Un peso que el texto se quita de encima: "Puedo querer decir algo todavía".

Gracias por el comentario

Add a comment